Saltar ao contido

Lingua morta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A escrita cuneiforme foi usada para representar diversas linguas, como o sumerio, acadio, o hitita ou o elamita que actualmente son linguas mortas.

Chámase lingua morta ou lingua extinta a unha lingua que non é a lingua materna de ningún individuo, e polo tanto tampouco se usa en ningunha comunidade natural de falantes.

Algunhas linguas mortas continúan en certos usos, como segunda lingua, lingua clásica ou lingua litúrxica, aínda que a lingua xa non sexa adquirida por ninguén como lingua materna. Aínda neses casos a lingua non segue o camiño normal de evolución e desenvolvemento que ocorren ó longo do tempo nas linguas vivas.

O termo extinción lingüística resérvase xeralmente para describir o proceso de substitución lingüística polo cal unha lingua pode chegar a perder tódolos seus falantes.

Causas da desaparición das linguas

[editar | editar a fonte]

Existen moitas causas polas que unha lingua pode desaparecer. Un exemplo é a conquista española de América, na que a hispanización e a forte influencia cultural europea, que se produciu no transcurso do século xviii, fixo que o número de falantes en lingua caribeña materna fose diminuíndo paulatinamente até desaparecer definitivamente e ser catalogada como lingua morta en 1920. Existen tres procesos principais polo cal unha lingua morre:

  • A substitución lingüística ou cambio de lingua.
  • A evolución lingüística ou cambio lingüístico.
  • A desaparición dos falantes por violencia, guerras ou epidemias, historicamente deuse con moita menos frecuencia que as outras dúas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gordon, Raymond G., Jr. (ed.), 2005. Ethnologue: Languages of the World, Fifteenth edition. Dallas, Tex.: SIL International. Versión en liña: http://www.ethnologue.com/.
  • Hagège, Claude. No a la muerte de las lenguas. Barcelona: Ed. Paidós, 2001. ISBN 84-493-1175-6.
  • Dante Sinfuentes (ed.), 2005. Gramática del español y competencia lingüística (pp. 39–42).